Que é este blog

O blog da ANPA SANTA IRENE é un espazo aberto de comunicación e información sobre temas de interese común a tódalas familias do CEIP Santa Irene de Porto do Son. Nel, poderedes atopar información relativa a todas as actividades que organiza e/ou nas que participa a ANPA: actividades extraescolares, festas; así como información da Directiva da ANPA, os seus membros e vogais; seguimento do traballo das diferentes comisións, convocatorias de reunión, fotografías das festas e outras actividades da escola. Pero, ademais das actividades promovidas desde a ANPA, o blog quere ser tamén un espazo para compartir información de suxestións de actividades infantís e/ou familiares de interese cultural, social, lúdico ou festivo que teñan lugar na nosa vila ou na nosa comarca. O blog da ANPA é un recurso aberto á participación de todas e de todos. Por iso, animámosvos a que nos fagades chegar as vosas suxestións, iniciativas, comentarios e, tamén, as vosas críticas. Podedes contactarnos a través do enderezo electrónico: anpasantairene@gmail.com Desexamos que o blog sexa do voso interese e que todos/as vos animedes a participar con nós.

Actividades Extraescolares 2014-2014

As actividades extraescolares ofertadas pola ANPA para o curso 2013-2014 son INGLÉS  e INFORMÁTICA.
Os horarios dos grupos aínda é provisional, á espera de que máis nenos/as se apunten nos vindeiros días. Pregamos que contactedes coa directiva ou ben cos responsables de cada aula no caso de estardes interesados nalgunha destas actividades. Grazas!

FACEBOOK DA ANPA SANTA IRENE

Convidámosvos a agregarvos ao perfil Facebook da ANPA SANTA IRENE, que  xa está operativo e ha permitir o intercambio de información entre todos/as nós dunha forma rápida e eficaz entre todos os usuarios/as desta rede social.

https://www.facebook.com/anpa.santairene

CUESTIÓNS RELATIVAS Á XORNADA ÚNICA

Tras realizar unha consulta informal na reunión do pasado mércores entre os pais e nais que asistion á reunión da ANPA, queremos expoñer algunhas cuestións relativas á XORNADA ÚNICA



¿EN QUE CONSISTE A XORNADA ÚNICA DE MAÑÁ?

En desenvolver a xornada escolar só en sesión de mañá, sen interrupción e de forma continuada.

¿QUE HORARIO SE PROPÓN?

·         De 9:00-14:00 h. para o desenvolvemento das clases
·    De 14:00-16:00h. para xantar e descanso (na casa, ao carecer de servicio de comedor escolar)
·   De 16:00-18:00h. posibilidade de ofertar actividades extraescolares 


VANTAXES DA XORNADA ÚNICA

·         Mellora as condicións para o rendemento académico ao aproveitar para as clases as horas do día de maior concentración e capacidade intelectual.
·         Mellora as condicións para o estudo e o traballo persoal na casa.
·         Reduce os tempos de desprazamento do alumnado e acompañantes.
·    Aumenta a oferta de tempo de lecer con actividades extraescolares e ofertas municipais: Ludoteca, Escolas Deportivas, Aula de Música, Casa da Cultura…
·         Garante o uso da Biblioteca como lugar de consulta e estudo fóra das horas de clase.
·         Mellora da distribución do horario lectivo que posibilita a mellor planificación de actividades do profesorado e facilita a súa participación en actividades de formación.


¿QUE PROCESO SE SEGUE PARA A IMPLANTACIÓN DA XORNADA ÚNICA?




REQUISITOS:

·         Acordo favorable por maioría dos tres quintos do Claustro.
·         Acordo favorable por maioría dos tres quintos do Consello Escolar.
·         Informe favorable do Servicio de Transportes da Delegación Provincial.
·     Acordo favorable do 58% do total do censo das nais, pais ou titores legais do alumnado (computarase, a efectos de censo, a nai ou o pai ou un dos titores legais).
·         Plan de actividades extraescolares.


¿QUE CAMBIA COA IMPLANTACIÓN DA XORNADA ÚNICA?

O cambio fundamental é o horario escolar, que se desenvolve nunha soa sesión matinal de 5 horas lectivas. Ademáis, distribúe máis equitativamente o tempo de docencia de todas as áreas.


¿QUE PERMANECE INVARIABLE?

·         O número de sesións lectivas: cinco ao día, con 30 minutos de recreo.
·         Os servicios complementarios do centro: transporte escolar.
·         A organización de actividades extraescolares.
·         A organización escolar en xeral.




28 de setembro: MARCHA CONTRA A LOMCE

A plataforma galega en defensa do ensino público convoca para o vindeiro sábado 28 de setembro unha marcha en Compostela contra a LOMCE.
é importante coñecermos cómo afectan as reformas previstas na educación dos nosos fillos e fillas.
Por unha escola para todos, de calidade, libre e laica.

Axudas Escolares CURSO 2013-2014


Lembramos ás familias que poden presentar as súas solicitudes no Concello ata o vindeiro 11 de outubro

Máis info seguindo o enlace AXUDAS


Apertura Ludoteca Municipal

Para todas as familias interesadas, a Ludoteca Municipal reabre hoxe, luns 23 de setembro, as súas portas tras as vacacións do verán. 

As instalacións da Ludoteca continúan estando no edificio coñecido como "A Casa do Mar" na rúa Atalaia da nosa vila.


Ludoteca





Obradoiro "Os menores e o uso seguro das redes sociais"

O obxectivo deste taller é sensibilizar  sobre os principais riscos existentes polo uso non apropiado destas ferramentas e ao mesmo tempo proporcionarlles os recursos necesarios para axudarlles na prevención dos mesmos ou minimizar as súas consecuencias.
A participación no taller pode ser presencial ou telemática.
Máis info no seguinte enlace:  http://cdtic.xunta.es/menores-tic-2

Os menores e o uso das redes sociais

Benvidas/os á bitácora dixital da ANPA Santa Irene de Porto do Son


A ANPA do CEIP Santa Irene de Porto do Son dá a benvida ás ferramentas de comunicación online e estrea bitácora na rede. A través dela, intentaremos estar millor comunicadas/os entre nós, ao tempo que conectadas/os co que pasa no mundo en termos de crianza, educación, formación.... e tamén ocio! Porque para aprender, hai que pasalo ben.
Este blog está aberto ás vosas colaboracións e suxestións. A ANPA somos todas/os!