Que é este blog

O blog da ANPA SANTA IRENE é un espazo aberto de comunicación e información sobre temas de interese común a tódalas familias do CEIP Santa Irene de Porto do Son. Nel, poderedes atopar información relativa a todas as actividades que organiza e/ou nas que participa a ANPA: actividades extraescolares, festas; así como información da Directiva da ANPA, os seus membros e vogais; seguimento do traballo das diferentes comisións, convocatorias de reunión, fotografías das festas e outras actividades da escola. Pero, ademais das actividades promovidas desde a ANPA, o blog quere ser tamén un espazo para compartir información de suxestións de actividades infantís e/ou familiares de interese cultural, social, lúdico ou festivo que teñan lugar na nosa vila ou na nosa comarca. O blog da ANPA é un recurso aberto á participación de todas e de todos. Por iso, animámosvos a que nos fagades chegar as vosas suxestións, iniciativas, comentarios e, tamén, as vosas críticas. Podedes contactarnos a través do enderezo electrónico: anpasantairene@gmail.com Desexamos que o blog sexa do voso interese e que todos/as vos animedes a participar con nós.

Documento de apoio á xornada lectiva única de mañá

Documento de apoio á xornada lectiva única de mañá: para descargar, imprimir e asinar. Pódese entregar, coa sinatura orixinal, aos membros da directiva da ANPA ou ao bedel do centro. Grazas polo voso apoio, así como por axudar a difundir  esta iniciativa entre toda a comunidade educativa e as familias, sexan ou non membros da ANPA.

Respaldo Familias by Anpa Santa Irene

XORNADA ÚNICA: REUNION INFORMATIVA

Todas as familias do CEIP SANTA IRENE, pertenzan ou non á ANPA, están convocadas a asistir á reunión informativa para tratar o proxecto de solicitude da XORNADA ÚNICA para o noso centro, de cara ao curso 2014-2015. DÍA E HORA: mércores 30 de outubro, 20:00h. LUGAR: Centro de Interpretación Castro de Baroña (Concello vello).
É importante que asistamos todos/as e debatamos xuntos sobre esta proposta: as vosas opinións, ideas e achegas, SON MOI IMPORTANTES.
¡Entre todos/as, pódese millor!


FOLGA 24 DE OUTUBRO

XOVES 24 DE OUTUBRO: FOLGA XERAL CONVOCADA POLAS
ANPAS FEDERADAS, DA QUE FORMA PARTE ANPA “SANTA IRENE” DO CEIP DE PORTO DO SON



Por segunda vez na historia da democracia no noso país, as organizacións de nais e pais, imos expresar noso rotundo rexeitamento a ese monstro lexislativo chamado LOMCE que pretende facer retroceder o noso sistema educativo corenta anos, así como a nosa frontal oposición á política de recortes na Escola Pública dos gobernos do Estado e da Xunta de Galicia.

Os recortes en bolsas de axuda o estudo, a suba de taxas, a práctica eliminación de axudas a libros de texto, a redución de profesorado, entre eles aqueles especialistas que son precisos para o alumnado con necesidades educativas especiais, a redución de liñas de transporte e peche de aulas, e ese atropelo chamado Decreto de Comedores, que incrementa os custos, ata un 40% e elimina ese servizo os alumnos transportados, mentres se manteñen os concertos cos colexios privados que segregan ao alumnado por sexo, fan precisa e xustifican sobradamente, o chamamento que facemos á mobilización e á participación activa das familias representadas pola ANPAS da provincia, xunto coas demais de Galicia e do conxunto do Estado, non levando aos nosos fillos ao colexio ou instituto, o próximo xoves, día 24. Solicitamos que fagades chegar esta convocatoria as nais e país do voso centro educativo e poñades os cartaces informativos ben visibles.

As nais e pais do alumnado, temos o imperativo ético e a responsabilidade de defender os dereitos dos nosos fillos e fillas contra esta agresión sen precedentes que recorta os seus dereitos e pretende facelos lei. Temos motivos sobrados para expresar deste xeito, cívico e constitucional, e poder aproveitar esta ocasión para poder explicarlles aos nosos fillos que o facemos polos seus dereitos e en defensa dunha sociedade máis equitativa.

O 24 de outubro, está convocada unha folga na Educación por todas as organizacións e sectores da comunidade educativa: familias, alumnado e traballadores docentes. E está convocada en todo o Estado e en todos os niveis educativos, é dicir, dende Educación Infantil ata a Universidade.

A Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos da Coruña, convoca ás ANPAS e ao conxunto de familias, a expresar ese rexeitamento, baleirando as aulas e participando nas manifestacións e concentracións que convocamos dende a Plataforma en Defensa do Ensino Público, que son as seguintes:

- XOVES, 24 DE OUTUBRO: 
BALEIRAMOS AS AULAS DO PAÍS E MANIFESTÁMONOS PARA REXEITAR A LOMCE
Aqueles que queiran acudir, as manifestacións máis cercanas son as de:

RIBEIRA:  11:30H MANIFESTACION, MALECON
                  19:30H CACEROLADA
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12:00 horas: CONCENTRACIÓN no Paseo da Alameda


As fotos da andaina de Cabanela

O pasado sábado 12 de outubro fixemos a primeira das nosas andainas! Para os que non puidestes acompañarnos, aqui deixamos unhas fotos da experiencia. Temos a sorte de vivir nun Concello cun entorno natural privilexiado, e cómpre coñecelo e gozalo.... desde ben cativos. Porque solo se pode querer e coidar aquelo que coñecemos e consideramos noso. O paseo a Cabanela foi unha experiencia perfecta: unha paisaxe natural, unha compañía moi agradable, e un día de sol fantástico. Quedamos con ganas de repetir! Esperamos que moitos máis de vós se animen a acompañarnos nas próximas andainas. Estade atento/as ás próximas convocatorias!!!

 

O sábado 12 de outubro.... ¡¡¡Comezamos coas andainas!!!!


¡Familias, o próximo sábado día 12 de outubro comenzamos coas andainas!
ACTIVIDADE ABERTA A SOCIOS/AS E NON SOCIOS/AS

Animádevos a participar nesta actividade pensada para toda a familia: podedes vir con amigos/as, avós, avoas, veciños/as, cans.... 

As andainas teñen como obxectivo principal o fomento do respecto á natureza, así como a intención de promover un estilo de vida saudable e impulsar o compañeirismo e a relación entre os membros da ANPA

Coñeceremos mellor a nosa vila ao tempo que facemos exercicio

Os cativos menores de 6 anos deben vir acompañados dun adulto
Os nenos e nenas maiores de 6 anos poden vir sós, pero os responsables do neno deben asinar a autorización ás monitoras da actividade



¡¡¡ANIMÁDEVOS!!!