O pasado sábado 12 de outubro fixemos a primeira das nosas andainas! Para os que non puidestes acompañarnos, aqui deixamos unhas fotos da experiencia.
Temos a sorte de vivir nun Concello cun entorno natural privilexiado, e cómpre coñecelo e gozalo.... desde ben cativos. Porque solo se pode querer e coidar aquelo que coñecemos e consideramos noso.
O paseo a Cabanela foi unha experiencia perfecta: unha paisaxe natural, unha compañía moi agradable, e un día de sol fantástico. Quedamos con ganas de repetir! Esperamos que moitos máis de vós se animen a acompañarnos nas próximas andainas. Estade atento/as ás próximas convocatorias!!!
Que é este blog
O blog da ANPA SANTA IRENE é un espazo aberto de comunicación e información sobre temas de interese común a tódalas familias do CEIP Santa Irene de Porto do Son.
Nel, poderedes atopar información relativa a todas as actividades que organiza e/ou nas que participa a ANPA: actividades extraescolares, festas; así como información da Directiva da ANPA, os seus membros e vogais; seguimento do traballo das diferentes comisións, convocatorias de reunión, fotografías das festas e outras actividades da escola.
Pero, ademais das actividades promovidas desde a ANPA, o blog quere ser tamén un espazo para compartir información de suxestións de actividades infantís e/ou familiares de interese cultural, social, lúdico ou festivo que teñan lugar na nosa vila ou na nosa comarca.
O blog da ANPA é un recurso aberto á participación de todas e de todos. Por iso, animámosvos a que nos fagades chegar as vosas suxestións, iniciativas, comentarios e, tamén, as vosas críticas. Podedes contactarnos a través do enderezo electrónico: anpasantairene@gmail.com
Desexamos que o blog sexa do voso interese e que todos/as vos animedes a participar con nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario