O pasado sábado 16 de Novembro volvemos ir de andaina... desta vez aumentou o grupo: 37 valentes camiñantes que subimos ata o monte Dordo, desde onde puidemos contemplar non solo as impresionantes vistas da ría e a panorámica da nosa vila desde o aire, senón tamén comprobar, in situ, os destragos causados polos lumes do final do verán. Os máis pequenos celebraban as árbores "que quedaban con vida" e lamentábanse por estes sucesos cuxas causas son tan difíciles de entender para todos. Deixámosvos unhas imaxes desa tarde, e animámosvos a todos/as a acompañarnos na vindeira andaina... estade atentos ás datas!
Que é este blog
O blog da ANPA SANTA IRENE é un espazo aberto de comunicación e información sobre temas de interese común a tódalas familias do CEIP Santa Irene de Porto do Son.
Nel, poderedes atopar información relativa a todas as actividades que organiza e/ou nas que participa a ANPA: actividades extraescolares, festas; así como información da Directiva da ANPA, os seus membros e vogais; seguimento do traballo das diferentes comisións, convocatorias de reunión, fotografías das festas e outras actividades da escola.
Pero, ademais das actividades promovidas desde a ANPA, o blog quere ser tamén un espazo para compartir información de suxestións de actividades infantís e/ou familiares de interese cultural, social, lúdico ou festivo que teñan lugar na nosa vila ou na nosa comarca.
O blog da ANPA é un recurso aberto á participación de todas e de todos. Por iso, animámosvos a que nos fagades chegar as vosas suxestións, iniciativas, comentarios e, tamén, as vosas críticas. Podedes contactarnos a través do enderezo electrónico: anpasantairene@gmail.com
Desexamos que o blog sexa do voso interese e que todos/as vos animedes a participar con nós.
Andaina de Novembro
O
próximo sábado, día 16 de novembro ¡imos de andaina!
Esta
vez temos previsto subir pola senda botánica ao monte Dordo e logo baixar pola
ETAP cara ao Outeiro, son uns 3 km. Desta volta aumentamos un chisco a
dificultade, xa que os primeiros tramos teñen algo de pendente.
Recomendamos
calzado axeitado, xa que é unha pista forestal e hai pedras. Anotade que desta
volta quedamos ás 16:30h, xa que co horario de inverno anoitece antes.
Igual
que a vez anterior, o punto de partida será a porta do colexio.
Non
cómpre anotarse con antelación. Os menores de 6 anos deben vir acompañados dun
adulto, e os maiores desa idade, cunha autorización asinada polos pais ou
titores.
Agradecemos
a colaboración dun euro solidario, por familia, a beneficio da ANPA.
GRAZAS A TOD@S!
Fin de semana de magostos
O pasado venres 8 de novembro celebramos no cole o magosto para os/as nenos/as, e o domingo 10 de novembro, colaboramos co Concello na organización do magosto popular na praza da vila: preparamos e asamos 160 kg de castañas, e fixemos biscoitadas deliciosas para mollar no chocolate quente que nos endulzou a tarde. Agardamos que gozarades tanto coma nós!
Lembramos que, este ano, os fondos recadados no magosto destinaranse a colaborar co tratamento da nena lucense Uxía
Grazas a tod@s!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)