O pasado venres 8 de novembro celebramos no cole o magosto para os/as nenos/as, e o domingo 10 de novembro, colaboramos co Concello na organización do magosto popular na praza da vila: preparamos e asamos 160 kg de castañas, e fixemos biscoitadas deliciosas para mollar no chocolate quente que nos endulzou a tarde. Agardamos que gozarades tanto coma nós!
Lembramos que, este ano, os fondos recadados no magosto destinaranse a colaborar co tratamento da nena lucense Uxía
Grazas a tod@s!
Que é este blog
O blog da ANPA SANTA IRENE é un espazo aberto de comunicación e información sobre temas de interese común a tódalas familias do CEIP Santa Irene de Porto do Son.
Nel, poderedes atopar información relativa a todas as actividades que organiza e/ou nas que participa a ANPA: actividades extraescolares, festas; así como información da Directiva da ANPA, os seus membros e vogais; seguimento do traballo das diferentes comisións, convocatorias de reunión, fotografías das festas e outras actividades da escola.
Pero, ademais das actividades promovidas desde a ANPA, o blog quere ser tamén un espazo para compartir información de suxestións de actividades infantís e/ou familiares de interese cultural, social, lúdico ou festivo que teñan lugar na nosa vila ou na nosa comarca.
O blog da ANPA é un recurso aberto á participación de todas e de todos. Por iso, animámosvos a que nos fagades chegar as vosas suxestións, iniciativas, comentarios e, tamén, as vosas críticas. Podedes contactarnos a través do enderezo electrónico: anpasantairene@gmail.com
Desexamos que o blog sexa do voso interese e que todos/as vos animedes a participar con nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario