Que é este blog
O blog da ANPA SANTA IRENE é un espazo aberto de comunicación e información sobre temas de interese común a tódalas familias do CEIP Santa Irene de Porto do Son.
Nel, poderedes atopar información relativa a todas as actividades que organiza e/ou nas que participa a ANPA: actividades extraescolares, festas; así como información da Directiva da ANPA, os seus membros e vogais; seguimento do traballo das diferentes comisións, convocatorias de reunión, fotografías das festas e outras actividades da escola.
Pero, ademais das actividades promovidas desde a ANPA, o blog quere ser tamén un espazo para compartir información de suxestións de actividades infantís e/ou familiares de interese cultural, social, lúdico ou festivo que teñan lugar na nosa vila ou na nosa comarca.
O blog da ANPA é un recurso aberto á participación de todas e de todos. Por iso, animámosvos a que nos fagades chegar as vosas suxestións, iniciativas, comentarios e, tamén, as vosas críticas. Podedes contactarnos a través do enderezo electrónico: anpasantairene@gmail.com
Desexamos que o blog sexa do voso interese e que todos/as vos animedes a participar con nós.
Nota Informativa Xornada Única (Decembro 2013)
Nota Informativa as Familias_xornada Unica_20122013 by Anpa Santa Irene
Xornada única - Información actualizada para as familias
Benqueridas familias:
As ANPAS de Porto do Son-Santa Irene, Anpa As Furnas de Xuño e Coira Anpa Coira Ceip de Portosin, unidas no obxectivo de acadar a xornada única. Tralo masivo apoio recadado coas sinaturas das familias que secundan esta solicitude (preto de 400), estamos a traballar na consecución dun informe de transporte favorable, tema que ha resultar crucial na resolución deste tema.
O vindeiro martes 10/12 haberá unha reunión no Concello con representantes das tres ANPAS, así como un representante da Empresa Comparado, a concesionaria do servicio de transporte, que se comprometeu a elaborar unha proposta de rutas e horarios para a xornada única, que incluise aos tres centros e mais ao Instituto.
De igual forma, pretendemos acudir á delegación de transporte na Coruña antes das vacación de Nadal, para orientármonos sobre a viabilidade das nosas propostas, e poder iniciar do xeito máis seguro os trámites oficiais tan pronto como se abra o prazo a comezos de 2014.
Por favor, remitide calquera dúbida ou consulta, así como as vosas suxestións ou comentarios respecto a este tema ao enderezo: anpasantairene@gmail.com
Grazas a todos/as,
Anpa Santa Irene
Andaina de Novembro
O pasado sábado 16 de Novembro volvemos ir de andaina... desta vez aumentou o grupo: 37 valentes camiñantes que subimos ata o monte Dordo, desde onde puidemos contemplar non solo as impresionantes vistas da ría e a panorámica da nosa vila desde o aire, senón tamén comprobar, in situ, os destragos causados polos lumes do final do verán. Os máis pequenos celebraban as árbores "que quedaban con vida" e lamentábanse por estes sucesos cuxas causas son tan difíciles de entender para todos. Deixámosvos unhas imaxes desa tarde, e animámosvos a todos/as a acompañarnos na vindeira andaina... estade atentos ás datas!
Andaina de Novembro
O
próximo sábado, día 16 de novembro ¡imos de andaina!
Esta
vez temos previsto subir pola senda botánica ao monte Dordo e logo baixar pola
ETAP cara ao Outeiro, son uns 3 km. Desta volta aumentamos un chisco a
dificultade, xa que os primeiros tramos teñen algo de pendente.
Recomendamos
calzado axeitado, xa que é unha pista forestal e hai pedras. Anotade que desta
volta quedamos ás 16:30h, xa que co horario de inverno anoitece antes.
Igual
que a vez anterior, o punto de partida será a porta do colexio.
Non
cómpre anotarse con antelación. Os menores de 6 anos deben vir acompañados dun
adulto, e os maiores desa idade, cunha autorización asinada polos pais ou
titores.
Agradecemos
a colaboración dun euro solidario, por familia, a beneficio da ANPA.
GRAZAS A TOD@S!
Fin de semana de magostos
O pasado venres 8 de novembro celebramos no cole o magosto para os/as nenos/as, e o domingo 10 de novembro, colaboramos co Concello na organización do magosto popular na praza da vila: preparamos e asamos 160 kg de castañas, e fixemos biscoitadas deliciosas para mollar no chocolate quente que nos endulzou a tarde. Agardamos que gozarades tanto coma nós!
Lembramos que, este ano, os fondos recadados no magosto destinaranse a colaborar co tratamento da nena lucense Uxía
Grazas a tod@s!
Documento de apoio á xornada lectiva única de mañá
Documento de apoio á xornada lectiva única de mañá: para descargar, imprimir e asinar. Pódese entregar, coa sinatura orixinal, aos membros da directiva da ANPA ou ao bedel do centro. Grazas polo voso apoio, así como por axudar a difundir esta iniciativa entre toda a comunidade educativa e as familias, sexan ou non membros da ANPA.
XORNADA ÚNICA: REUNION INFORMATIVA
Todas as familias do CEIP SANTA IRENE, pertenzan ou non á ANPA, están convocadas a asistir á reunión informativa para tratar o proxecto de solicitude da XORNADA ÚNICA para o noso centro, de cara ao curso 2014-2015. DÍA E HORA: mércores 30 de outubro, 20:00h. LUGAR: Centro de Interpretación Castro de Baroña (Concello vello).
É importante que asistamos todos/as e debatamos xuntos sobre esta proposta: as vosas opinións, ideas e achegas, SON MOI IMPORTANTES.
¡Entre todos/as, pódese millor!
FOLGA 24 DE OUTUBRO
XOVES 24 DE OUTUBRO: FOLGA XERAL CONVOCADA POLAS
ANPAS FEDERADAS, DA QUE FORMA PARTE ANPA “SANTA IRENE” DO CEIP DE PORTO DO SON
Por segunda vez na historia da democracia no noso país, as organizacións de nais e pais, imos expresar noso rotundo rexeitamento a ese monstro lexislativo chamado LOMCE que pretende facer retroceder o noso sistema educativo corenta anos, así como a nosa frontal oposición á política de recortes na Escola Pública dos gobernos do Estado e da Xunta de Galicia.
Os recortes en bolsas de axuda o estudo, a suba de taxas, a práctica eliminación de axudas a libros de texto, a redución de profesorado, entre eles aqueles especialistas que son precisos para o alumnado con necesidades educativas especiais, a redución de liñas de transporte e peche de aulas, e ese atropelo chamado Decreto de Comedores, que incrementa os custos, ata un 40% e elimina ese servizo os alumnos transportados, mentres se manteñen os concertos cos colexios privados que segregan ao alumnado por sexo, fan precisa e xustifican sobradamente, o chamamento que facemos á mobilización e á participación activa das familias representadas pola ANPAS da provincia, xunto coas demais de Galicia e do conxunto do Estado, non levando aos nosos fillos ao colexio ou instituto, o próximo xoves, día 24. Solicitamos que fagades chegar esta convocatoria as nais e país do voso centro educativo e poñades os cartaces informativos ben visibles.
As nais e pais do alumnado, temos o imperativo ético e a responsabilidade de defender os dereitos dos nosos fillos e fillas contra esta agresión sen precedentes que recorta os seus dereitos e pretende facelos lei. Temos motivos sobrados para expresar deste xeito, cívico e constitucional, e poder aproveitar esta ocasión para poder explicarlles aos nosos fillos que o facemos polos seus dereitos e en defensa dunha sociedade máis equitativa.
O 24 de outubro, está convocada unha folga na Educación por todas as organizacións e sectores da comunidade educativa: familias, alumnado e traballadores docentes. E está convocada en todo o Estado e en todos os niveis educativos, é dicir, dende Educación Infantil ata a Universidade.
A Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos da Coruña, convoca ás ANPAS e ao conxunto de familias, a expresar ese rexeitamento, baleirando as aulas e participando nas manifestacións e concentracións que convocamos dende a Plataforma en Defensa do Ensino Público, que son as seguintes:
- XOVES, 24 DE OUTUBRO:
BALEIRAMOS AS AULAS DO PAÍS E MANIFESTÁMONOS PARA REXEITAR A LOMCE
Aqueles que queiran acudir, as manifestacións máis cercanas son as de:
RIBEIRA: 11:30H MANIFESTACION, MALECON
19:30H CACEROLADA
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12:00 horas: CONCENTRACIÓN no Paseo da Alameda
As fotos da andaina de Cabanela
O pasado sábado 12 de outubro fixemos a primeira das nosas andainas! Para os que non puidestes acompañarnos, aqui deixamos unhas fotos da experiencia.
Temos a sorte de vivir nun Concello cun entorno natural privilexiado, e cómpre coñecelo e gozalo.... desde ben cativos. Porque solo se pode querer e coidar aquelo que coñecemos e consideramos noso.
O paseo a Cabanela foi unha experiencia perfecta: unha paisaxe natural, unha compañía moi agradable, e un día de sol fantástico. Quedamos con ganas de repetir! Esperamos que moitos máis de vós se animen a acompañarnos nas próximas andainas. Estade atento/as ás próximas convocatorias!!!
O sábado 12 de outubro.... ¡¡¡Comezamos coas andainas!!!!
¡Familias, o próximo sábado día 12 de outubro comenzamos coas
andainas!
ACTIVIDADE
ABERTA A SOCIOS/AS E NON SOCIOS/AS
Animádevos
a participar nesta actividade pensada para toda a familia: podedes vir con
amigos/as, avós, avoas, veciños/as, cans....
As
andainas teñen como obxectivo principal o fomento do respecto á natureza,
así como a intención de promover un estilo de vida saudable e impulsar o
compañeirismo e a relación entre os membros da ANPA
Coñeceremos
mellor a nosa vila ao tempo que facemos exercicio
Os
cativos menores de 6 anos
deben vir acompañados dun adulto
Os nenos e nenas maiores de 6 anos
poden vir sós, pero os
responsables do neno deben asinar a autorización ás monitoras da actividade
¡¡¡ANIMÁDEVOS!!!
Actividades Extraescolares 2014-2014
As actividades extraescolares ofertadas pola ANPA para o curso 2013-2014 son INGLÉS e INFORMÁTICA.
Os horarios dos grupos aínda é provisional, á espera de que máis nenos/as se apunten nos vindeiros días. Pregamos que contactedes coa directiva ou ben cos responsables de cada aula no caso de estardes interesados nalgunha destas actividades. Grazas!
FACEBOOK DA ANPA SANTA IRENE
Convidámosvos a agregarvos ao perfil Facebook da ANPA SANTA IRENE, que xa está operativo e ha permitir o intercambio de información entre todos/as nós dunha forma rápida e eficaz entre todos os usuarios/as desta rede social.
https://www.facebook.com/anpa.santairene
https://www.facebook.com/anpa.santairene
CUESTIÓNS RELATIVAS Á XORNADA ÚNICA
Tras realizar unha
consulta informal na reunión do pasado mércores entre os pais e nais que
asistion á reunión da ANPA, queremos expoñer algunhas cuestións relativas á
XORNADA ÚNICA
¿EN QUE CONSISTE A
XORNADA ÚNICA DE MAÑÁ?
En
desenvolver a xornada escolar só en sesión de mañá, sen interrupción e de forma
continuada.
¿QUE HORARIO SE
PROPÓN?
·
De 9:00-14:00 h. para
o desenvolvemento das clases
· De 14:00-16:00h. para
xantar e descanso (na casa, ao carecer de servicio de comedor escolar)
· De 16:00-18:00h. posibilidade de ofertar actividades extraescolares
VANTAXES
DA XORNADA ÚNICA
·
Mellora as condicións para o rendemento académico ao aproveitar para as
clases as horas do día de maior concentración e capacidade intelectual.
·
Mellora as condicións para o estudo e o traballo persoal na casa.
·
Reduce os tempos de desprazamento do alumnado e acompañantes.
· Aumenta a oferta de tempo de lecer con actividades extraescolares e ofertas
municipais: Ludoteca, Escolas Deportivas, Aula de Música, Casa da Cultura…
·
Garante o uso da Biblioteca como lugar de consulta e estudo fóra das horas
de clase.
·
Mellora da distribución do horario lectivo que posibilita a mellor
planificación de actividades do profesorado e facilita a súa participación en
actividades de formación.
¿QUE PROCESO SE SEGUE
PARA A IMPLANTACIÓN DA XORNADA ÚNICA?
A Orde do 29 de Maio de 2008 (DOG do venres, 6 de xuño) regula o procedemento.
REQUISITOS:
·
Acordo favorable por
maioría dos tres quintos do Claustro.
·
Acordo favorable por
maioría dos tres quintos do Consello Escolar.
·
Informe favorable do
Servicio de Transportes da Delegación Provincial.
· Acordo favorable do
58% do total do censo das nais, pais ou titores legais do alumnado (computarase, a efectos de censo, a nai ou o pai ou un dos titores legais).
·
Plan de actividades
extraescolares.
¿QUE CAMBIA COA
IMPLANTACIÓN DA XORNADA ÚNICA?
O
cambio fundamental é o horario escolar, que se desenvolve nunha soa sesión
matinal de 5 horas lectivas. Ademáis, distribúe máis equitativamente o tempo de
docencia de todas as áreas.
¿QUE PERMANECE
INVARIABLE?
·
O número de sesións
lectivas: cinco ao día, con 30 minutos de recreo.
·
Os servicios
complementarios do centro: transporte escolar.
·
A organización de
actividades extraescolares.
·
A organización
escolar en xeral.
28 de setembro: MARCHA CONTRA A LOMCE
A plataforma galega en defensa do ensino público convoca para o vindeiro sábado 28 de setembro unha marcha en Compostela contra a LOMCE.
é importante coñecermos cómo afectan as reformas previstas na educación dos nosos fillos e fillas.
Por unha escola para todos, de calidade, libre e laica.
é importante coñecermos cómo afectan as reformas previstas na educación dos nosos fillos e fillas.
Por unha escola para todos, de calidade, libre e laica.
Axudas Escolares CURSO 2013-2014
Lembramos ás familias que poden presentar as súas solicitudes no Concello ata o vindeiro 11 de outubro
Máis info seguindo o enlace AXUDAS
Apertura Ludoteca Municipal
Para todas as familias interesadas, a Ludoteca Municipal reabre hoxe, luns 23 de setembro, as súas portas tras as vacacións do verán.
As instalacións da Ludoteca continúan estando no edificio coñecido como "A Casa do Mar" na rúa Atalaia da nosa vila.
Obradoiro "Os menores e o uso seguro das redes sociais"
O obxectivo deste taller é sensibilizar sobre os principais riscos existentes polo uso non apropiado destas ferramentas e ao mesmo tempo proporcionarlles os recursos necesarios para axudarlles na prevención dos mesmos ou minimizar as súas consecuencias.
A participación no taller pode ser presencial ou telemática.
A participación no taller pode ser presencial ou telemática.
Máis info no seguinte enlace: http://cdtic.xunta.es/menores-tic-2
Benvidas/os á bitácora dixital da ANPA Santa Irene de Porto do Son
A ANPA do CEIP Santa Irene de Porto do Son dá a benvida ás ferramentas de comunicación online e estrea bitácora na rede. A través dela, intentaremos estar millor comunicadas/os entre nós, ao tempo que conectadas/os co que pasa no mundo en termos de crianza, educación, formación.... e tamén ocio! Porque para aprender, hai que pasalo ben.
Este blog está aberto ás vosas colaboracións e suxestións. A ANPA somos todas/os!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)